festa

Desfile e cachuchada, principais citas para o Entroido de Allariz

Ese mesmo luns, a partir das 21,30 horas, terá lugar un dos platos fortes do Entroido alaricano, unha cachuchada nas carpas instaladas na Barreira, a partir das 21,30 horas

O desfile que se celebrará o martes día 28 e unha gran cachuchada na Barreira serán as actividades máis destacadas que inclúe o programa que elaborou o Concello de Allariz para o Entroido deste ano.

O programa abrirase o luns día 27, con unha gran festa infantil. Esta desenvolverase, a partir das 17,00 horas, no Pavillón do IES e os máis c ativos poderán disfrutar de animación, música a cargo dun DJ e batucada infantil.

Ese mesmo luns, a partir das 21,30 horas, terá lugar un dos platos fortes do Entroido alaricano, unha cachuchada nas carpas instaladas na Barreira, a partir das 21,30 horas.

O acto principal do Entroido na vila será o día 28, Martes de Entroido, co gran Desfile de Comparsas. Está previsto saia ás 17,30 horas, da estrada de Xunqueira, á altura do CEIP, con acompañamento musical de charangas. Ao remate do desfile haberá Baile de Entroido no pavillón do IES, con música a cargo dun DJ. Durante baile procederase á entrega dos catro premios que concederá o Concello, por unha suma total de 500 euros, para as comparsas con máis de 10 compoñentes.

O mércores pecharase a celebración co Pranto do Entroido, ás 20,00 horas na Praza Maior, e a queima do meco no Campo dos Brancos.n

 

Te puede interesar