O PP de Allariz critica o aumento nun 120% da débeda municipal

O PP de Allariz critica que o goberno municipal fale de aforro cando se piden novas operacións de crédito xa que non hai diñeiro na caixa do Concello para pagar nóminas e proveedores. 'Non é consecuente que se fale de aforro e se valore positivamente ter que acudir a crédito por ter a caixa vacía. O alcalde de Allariz tivo que asinar por urxencia unha das operacións de tesorería dada a falta de liquidez do Concello o que pon de manifestó a dramática situación na que se atopa a tesorería municipal', apuntan os 'populares' nun comunicado.
'O custe dos intereses da débeda subiu un 120% nun ano, pasando de pagar 116.000 euros en 2012 a 250.000 euros en 2013. Esa é a previsión orzamentaria aprobada para o ano 2013 que tamén prevé unha débeda cos bancos de mais de catro millóns de euros', engaden dende o PP.

Ante esta situación de tanta dificultade na liquidez do Concello, o PP de Allariz solicitou do Alcalde que se formule anualmente un Plan de Tesorería que planifique os pagos para que non se teña que acudir a tan elevadas operacións de crédito a curto plazo.

O alcalde de Allariz, Francisco García, rebatiu as cifras e sinalou que 'mesmo no último pleno, no que falamos das operacións de crédito a curto prazo, aprobamos sendas operacións de crédito que co BBVA reducía en 250.000 euros a cifra de 2012 e con Novagalicia en 24.000'.

Te puede interesar