FEIRA

Allariz recende toda esta fin de semana a outono

<p></p>
photo_camera O pavillón do IES alaricano está sendo todo un escaparate da horta local e foránea.

Hoxe conclúe outra edición da tradicional feira de produtos de tempada

Allariz recende esta fin de semana a outono. Serán poucos e caros as castañas e cogumelos recollidos este ano pola escasez de choiva, pero nunca unha escasa colleita será impedimento para que o pavillón escolar da rúa Emilia Pardo Bazán se convirta, unha vez máis e logo de xa vintedous, no verdadeiro escaparate da estación da caída da folla. Alí, so precisan de tempo e cartos, porque a oferta é extensa e a posibilidade de entreter aos cativos ampla, se é que os teñen.

Os que máis madrugaron foron a ducia de intrépidos que perfectamente indumentados para a ocasión decidiron saír ó monte pasadas as dez da mañá na procura de cogumelos, acompañados do experto José Gómez Bragaña. Poco despois abrían as portas do pavillón do IES, no que arredor de corenta postos ofrecen ata as oito da tarde de hoxe das máis variadas delicatessen do agro galego e incluso luso, porque algunha que outra representación do embutidos e pan do outro lado da raia se achegou.

Cara as doce e media, Alejandro Mínguez ensinou cómo cociñar as setas a máis de trinta persoas, nun dos momentos máis concorridos da mañá, onde o recinto estaba ateigado de xente.

Xa pola tarde, un vello coñecido do baloncesto provincial e nacional e da televisión de entón cando o COB levaba o nome de Ourense pola ACB e agora metido a produtor de aceite no seu querido Xurés, José González Barroso, dirixiu unha catas dos seus aceites, filtrados e sen facelo.

Ás seis e media, o pavillón voltou a recender a outono, esta vez ós fogóns os titores e rapaces do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia. A tarde rematou co primeiro dos tres sorteos programados para todos aqueles que deixen algo de cartos nalgúns dos postos da feira habilitados.

DOBRE PRATO FORTE

A xornada de hoxe arrancará ás once da mañá coa sétima edición do concurso afeccionado "Tapa fría de outono", co que se pretende descubrir o mellor prato elaborado con produtos da tempada. A mellor oferta culinaria levarase 150 euros e un diploma acreditativo. O fallo coñecerase ás 13,30 horas, logo da demostración da blogueira Conchi Zúñiga, que ensinará a como cociñar cogumelos.

Te puede interesar