POLÍTICA

O BNG celebra os dez anos no goberno de Castrelo

20170730204512035_result
photo_camera Alfredo Fernández, Ana Pontón e Xurxo Rodriguez.

 A xornada de onte foi de celebración en Castrelo de Miño, xa que o seu alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, do BNG, cumpriu o seu décimo aniversario á fronte da alcaldía

 A xornada de onte foi de celebración en Castrelo de Miño, xa que o seu alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, do BNG, cumpriu o seu décimo aniversario á fronte da alcaldía. Por este motivo, ata a localidade desprazouse a portavoz nacional da formación nacionalista, Ana Pontón, que foi recibida polo alcalde, concelleiros, compañeiros e veciños.

A máxima responsable política do BNG apuntou, sobre a traxectoria municipal de Xurxo Rodríguez, que “demostra a capacidade de transformación a favor da veciñanza que teñen os gobernos municipais do Bloque, mostra o potencial e a capacidade para construír unha Galiza con benestar, na que poder vivir e traballar con dignidade, en definitiva unha Galiza con futuro tamén no rural”. Asemade, Pontón destacou o “gran traballo” do goberno local para mellorar a vida das persoas, con iniciativas económicas, sociais e culturais.

A portavoz nacionalista tamén reivindicou tarifas máis baratas para Galicia como productores de enerxía eléctrica, e pedíulle ao presidente da Xunta que aproveite a visita do ministro de Fomento a Lugo para reclamarlle que levante o veto á autoestrada AP9. 

Te puede interesar