Muíños reclama que se limpen as pistas afectadas polos incendios

O alcalde, Plácido Álvarez, mantivo onte unha reunión coa delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, mantivo onte unha reunión coa delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz. No encontro, o rexedor da Baixa Limia lembroulle algunhas actuacións pendentes que o goberno autonómico ten na zona. Tal é o caso da limpeza das pistas afectadas polo incendio do verán pasado. "Fíxose unha labor impresionante pero quedan un par delas por limpar e son pistas importantes para a pradería", asegura Álvarez. 

Do mesmo xeito, pediulle a Marisol Díaz a súa mediación para a adxudicación da brigada que tradicionalmente solicitan xunto co concello de Bande para o mantemento das beiras do encoro das Conchas e que os dous municipios solicitaron a cargo do Fondo de Compensación Ambiental. 

Te puede interesar