Queixas ante a Valedora do Pobo polo abandono da comarca da Baixa Limia

La Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño
photo_camera La Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño
A plafaforma urxe chan empresarial, o funcionamento do parque do Xurés ou a eliminación dos vertidos ao Limia

A Plataforma para o desenvolvemento social, económico e natural da Baixa Limia (Plabali) rexistrou ante a Valedora do Pobo un novo escrito con varias queixas polos reiterados incumprimentos do goberno autonómico coa comarca. 

Unha lista de demandas para acabar co abandono do territorio e que lidera a prolongación do eixo viario Celanova sur-fronteira da Madalena (Lobios), que abriría a porta a tres millóns de persoas que residen no norte de Portugal, pero que foi paralizado fai unha década a pesar do apoio social, político e empresarial.

A carencia de infraestruturas e servizos, defenden dende fai anos en Plabali, impide o desenvolvemento e a fixación de poboación na bisbarra. É por iso que, máis alá da mellora viaria, tamén reivindican a planificación do parque empresarial comarcal previsto no Plan de Solo Empresarial de Galicia no lugar dos Chaos (Lobeira), a viabilidade e o funcionamento real do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, a erradicación dos vertidos ao río Limia ou a posta en valor dos montes con políticas enfocadas a reforestación e a promoción da gandeiría extensiva.

Máis de 25 anos 

Transcurridos seis anos dende o envío de preto de  2.000 sinaturas por parte de Plabali, e máis de 25 dende que diversos colectivos e veciños reclamen medidas que muden a situación de abandono, a plataforma da Baixa Limia rexistra novamente ante a Valedora do Pobo unha queixa “en vistas de que a situación sigue exactamente igual, procedemos ao reenvío da copia adxuntada no seu día para que dalgún xeito interceda por este colectivo comarcal ante as correspondentes administracións”, traslada o colectivo, esperando unha “pronta solución” as súas demandas.

Te puede interesar