Chova ou escampe, a Sacardebois de magosto

Polo Pilar xa regañan os ourizos nos soutos de Barxacova; por tódolos Santos, pingan as castañas no souto do Frade; por San Martiño, as ventadas ispen de follas os castiñeiros e, disque, mentres na necrópole de San Vitor están a saír as ánimas en procesión polo canón do río Mao, na procura doutro leito onde repousar, embaixo, na parroquia de San Martiño de Sacardebois os veciños, que van a menos, porén unidos coma unha piña, andan á procura de arranxar o magosto: o primeiro, acender unha gran fogueira cos cozos dun vello castiñeiro, para iren quecendo, axiña hai que amosegar as castañas, preparar os chourizos e mailas xarr
Polo Pilar xa regañan os ourizos nos soutos de Barxacova; por tódolos Santos, pingan as castañas no souto do Frade; por San Martiño, as ventadas ispen de follas os castiñeiros e, disque, mentres na necrópole de San Vitor están a saír as ánimas en procesión polo canón do río Mao, na procura doutro leito onde repousar, embaixo, na parroquia de San Martiño de Sacardebois os veciños, que van a menos, porén unidos coma unha piña, andan á procura de arranxar o magosto: o primeiro, acender unha gran fogueira cos cozos dun vello castiñeiro, para iren quecendo, axiña hai que amosegar as castañas, preparar os chourizos e mailas xarras para o viño novo.

Para rematar este ambiente de festa, nun recanto do corro, os músicos da orquestra Xoldra, empoleirados na tarima, teiman coas probas do son, afinando os baixos e mailas guitarras, mentres unha moza, que nos vai deleitar como intérprete solista, un regalo para os ollos, camiña lixeira, pavonándose de acó acolá! , engaiolando, co sorriso duna meiga, a pequenos e mais grandes.

Festa do Magosto en Sacardebois, declarada a mellor festa rachada da contorna. Ofrecemos: unha fogueira de cozos de castiñeiro para quentar o campo da festa e poder quecer, bailando, ao seu redor; puñadas de castañas asadas para quentar as maos e adozar a boca; orquestra para escoitar, ollar e danzar deixándote levar polos arrolos da mellor mencía da Ribeira do Sil, gratis; chourizos asados ao inferno, quentiños, dentro dun chusco de pan preparados polas mulleres da ribeira do concello de Parada de Sil para os naturais e foráneo que nos visiten, tamén gratis; e, mesmo, un mangado de apertas que che han de quentar o corazón, quizais triste pola crise e mais pola caída da folla, nos intervalos de descanso, entre baile e baile, debaixo dunha gran carpa, ao abeiro das inoportunas chuvias de novembro.

E disque, un homiño do lugar, acochado detrás dunhas lentes, anda a escribir unhas rimas no envés dunha papeleta para o sorteo dun lacón, en beneficio de San Martiño, patrón dos viticultores: 'Unha fogueira de cozos/ de caracochas, ardendo./ Festa dos druídas / é o inicio do inverno./Estoupan os foguetes/ nos eidos, ermos./Estoupan as castañas/ na cociña quente de ferro./ Brasas de cozos de cepas vellas/ chourizos asados, lume do inferno./ Viño novo, mencía, das Albeanas/ xarra de Gundivós, espumando, dos cubetos'.

Ven ao Magosto de San Martiño de Sacardebois: a mellor terapia para a crise. Hoxe, 10 de novembro de 2012, á tardiña.

Te puede interesar
Más en Cartas al director