INAUGURACIÓNS, UNHA TOMADURA DE PELO

Nestes pasados días, por mor da lei electoral que marca os tempos, os políticos adicáronse a inaugurar dunha maneira frenética calquera cousa.
O caso era saír na foto. E así, amais das consabidas beirarrúas e recuperación de fontes e abrevadeiros, chegaron a inaugurarse aeroportos que non se sabe se van funcionar e para o único que se utilizan é para facer macrobotellóns, ou quirófanos en hospitais con material de quita e pon, quedando a habitación baleira ó día seguinte. Unha tomadura de pelo ó cidadán que tamén debería estar penada por lei.

Te puede interesar
Más en Cartas al director