maceda e os cinco entroidos máis importantes

O pasado luns quedei abraiado ao ler a nova: a provincia de Ourense é a protagonista do cupón da ONCE... ao representar neste documento da organización social aos cinco entroidos máis importantes da provincia de Ourense: Laza, Manzaneda, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, declarados de 'Interese Turístico'.
A primeira impresión foi 'lin mal'...volvino a reler... e inicialmente os meus primeiros 'malos pensamentos', teño que recoñecer, dirixíronse cara a Onde ¿Cómo unha organización como esta pode cometer este tipo de erros , cando en toda a provincia de Ourense sábese que o triangulo máxico ten catro puntos, coa venia dos expertos en xeometría claro? Despois dirixín estes mesmos pensamentos cara a Deputación e o Inorde, polo que fun as súas webs e atopeime con indicacións como o proxecto da Mascara Ibérica que si tiña en conta ao Entroido de Maceda xusto despois do de Xinzo, Laza e Verín.

Algo desconcertado, deille voltas ao tema, e recurrindo a Google, fixen a búsquea Entroido de... A miña sorpresa foi que cando puña calquera dos cinco concellos a os que fai referencia a Once saíame 'Festa do entroido de.... declarado festa de interese turístico...' Logo puxen 'Entroido de Maceda', premei 'enter' e 'San Google' atopaba moitos enlaces que o Entroido de Maceda, por votación popular, ocupaba o décimo posto no ranking das mellores festas galegas, a web do lar dos felos de Tioira, a historia do Felo por Santiago Prol, e incluso que investigadores coma o filósofo galego Emilio Araúxo ou poetas da talla de James Sacré ou Claude Royet-Journoud sitúan ao Entroido de Maceda entre os que mellor conservaron a súa esencia ancestral. Algúns destes enlaces tamén me levaron a web do Concello de Maceda, pero a diferencia dos entroidos dos outro s concellos en cuestión, non atopei ningunha referencia a 'festa de interese turístico'.

A razón de que o felo do Entroido de Maceda non aparecera o 25 de xullo nos cupóns do sorteo a nivel nacional que fai a Once, é que o Concello de Maceda esqueceuse, ou decidiu non solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico para o Entroido de Maceda, cuestión esta que levaremos ao vindeiro pleno do Concello que se vai celebrar o 1 de agosto.

Te puede interesar
Más en Cartas al director