RAMÓN CABANILLAS

Naceu e faleceu en Cambados: 1876-1959. Foi funcionario do concello e colaborou na prensa local. Era republicano e anticaciquil. Estivo emigrado en Cuba entre 1910 e 1915, onde entrou en contacto co galeguismo. Simpatizou co agrarismo e participou activamente tanto nas Irmandades da Fala como na creación do Partido Galeguista. Era tradicionalista e simpatizaba coas teses de Vicente Risco.
Publicou 'Vento mareiro', 'Da terra asoballada', 'Na noite estrelecida'... Moitos dos seus poemas teñen unha finalidade política, intentando atraer o público ao nacionalismo. Porén tamén ten obras líricas e intimistas como 'A rosa das cen follas'. Era un gran coñecedor da obra de Curros, Rosalía e Pondal, adicándolles algún poema; aborda tamén a temática do ciclo artúrico e a historia do Mariscal Pardo de Cela.

En 1920 ingresou na Real Academia Galega e en 1929 na Real Academia Española, a pesar de ser un autor monolingüe en galego. En 1976 dedicouselle o Día das Letras Galegas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director