SEGURIDADE PÚBLICA E EXTREMA ESQUERDA

Á extrema esquerda, a seguridade pública sempre lle choveu do ceo, sen eles aportaren nunca nin tan sequera un mínimo de respecto aos que lle-la proporcionan.
Na súa incongruencia poden chegar a pedir que se persiga policial e penalmente aos incendiarios, aos que practican a violencia de xénero, aos autores de delitos que causan alarma social, etcétera. Porén, ao mesmo tempo, chámanlles represores e parásitos sociais aos axentes que, ás veces, se xogan a vida no desempeño das súas funcións. É certo que non son Corpos que dependan da Xunta de Galicia e que están dirixidos polo Goberno central; no entanto, algúns membros deles téñense manifestado ao respecto... O que non é xusto é culpabilizalos colectivamente nin pretender despoxalos ata da súa condicións humana, como se ten feito noutros lugares do Estado.

En democracia ao poder chégase polas urnas e, se neste contexto de terrible crise económica e de fracaso do sistema, son incapaces de acadar bos resultados, será que venden unha vaca que moi pouca xente quere mercar. Hai xente que presume do suposto éxito da CIG., porén nas manifestacións que se convocan vemos como ese dogmatismo e radicalismo anquilosado non atraeu aos indignados e, a pesares da crise, tampouco atrae a demasiada xente. En Latinoamérica a esquerda, moderándose, chegou ao poder en moitos países e, entre os líderes hai exmilitares, un exbispo, etcétera. Logo, os vellos esquemas e prexuízos non se adaptan á realidade, nin a min me gustan.

Te puede interesar
Más en Cartas al director