Unha comisión asegurará a execución dos plans do PP

José Luis Ferro, Miguel Santalices, Antonio Mouriño y Manuel Baltar -a la derecha-, en Celanova.
O candidato á Presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, mantivo onte un encontro con militantes e afiliados do PP en Celanova, como parte dos actos que está desenrolando por todala provincia con motivo da campaña electoral interna dos populares, de cara á celebración do XVI Congreso Provincial do PP de Ourense, o vindeiro 16 de marzo.
Durante este encontro, no que estivo acompañado polo alcalde e responsable local do partido, José Luis Ferro, así como polo seu antecesor e deputado autonómico, Antonio Mouriño, o candidato Manuel Baltar anunciou a creación dun Comité de seguimento do cumprimento dos programas electorais. Argumentou Manuel Baltar que 'é necesario manter a coherencia nas promesas que se formulen e controlar a materialización das mesmas, algo imprescindible para conservar a confianza dos electores'.

Baltar explicou tamén que este comité porá especial atención sobre os proxectos estratéxicos dos municipios, co fin de non permitir a paralización dos mesmos.

Te puede interesar