O documental '100% CEF' optará ós 'Mestre Mateo'

O documental '100% CEF', que ao longo dunha hora recolle testimonios, conversas e recitais dos familiares, amigos e veciños de Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento, é un dos 16 traballos audiovisuais preseleccionados para os 'Premios Mestre Mateo 2013'.
A Academia Galega do Audiovisual informaba esta semana aos responsables da Asociación Cultural, Ecoloxista, de Montaña e Desenvolvemento Rural Arraianos da súa inclusión, que agora deberá ser refrendado polos académicos. O traballo audiovisual, escrito e dirixido polo celanovés Aser Álvarez e con Luis Tosar no papel de Celso Emilio Ferreiro, é una aproximación contemporánea á figura do poeta celanovés dunha forma viva e moi dinámica.

Tras a publicación do listado definitivo de candidatos, o 30 de xaneiro rematará a primeira ronda de votacións e o 26 de febreiro a segunda, onde se darán a coñecer os nominados definitivos en cada categoría. A gala dos 'XI Premios Mestre Mateo 2013' celebrarase no mes de marzo.

Te puede interesar