A Fundación Curros Enríquez prepara o 20 aniversario

Imaxe do Padroado da Fundación
photo_camera Imaxe do Padroado da Fundación

A Fundación Curros Enríquez xa elabora a programación especial do ano que vén

O Padroado da Fundación Curros Enríquez reuniuse na Horta da Palabra da Casa dos Poetas para, ademais de debatir o programa de actividades que se desenvolverá durante 2024, aprobar o orzamento anual e renovar o compromiso institucional de colaboración na organización de actividades conxuntas a nivel expositivo ou de promoción dos autores de Celanova.

O Padroado da Fundación debateu sobre o programa anual de actividades, que inclúe presentacións de libros, audiovisuais, exposicións, actividades para nenos e nenas, realización de visitas e actividades destinadas a grupos escolares e outras entidades culturais e sociais, ademais da entrega do LX Premio “Celanova, Casa dos Poetas”.

No 2024 cumprirase o 20 aniversario da transformación do patroado anterior na actual Fundación Curros Enríquez e por iso traballa na preparación dun programa especial incluíndo unha actualización tanto do edificio familiar do poeta como da musealización do mesmo, entre outras iniciativas.

Te puede interesar