OS MAIOS

Rebulir de Ramirás retoma “Cantemos o maio” do 1 ao 5

Festival Rebulir.
photo_camera Festival Rebulir.
"Cantamos o maio" conta con actividades programadas desde o 1 ata o 5 de maio

O colectivo Rebulir Cultura Tradicional, con sede no concello de Ramirás, retomará o vindeiro mes a iniciativa “Cantamos o maio” con actividades dende o mércores día 1 ata o domingo, 5 de maio. 

O programa comezará coa colocación dos Maios nas portas das casas e locais, centrando o groso das actividades o sábado na praza de San Andrés de Vilavidal, co roteiro “As flores dos maios” ás 9,30 horas e, ao rematar, as 11,00 horas, animación musical con Rebulir. Pola tarde, dende as 16,00 horas, haberá mercadiño, un obradoiro de chaveiros de madeira e abalorios e animación de baile e música tradicional con Rebulir. Ás 18,30 horas comezará o obradoiro de coplas dos maios con Alba Faro para, a partir das 19,30 horas, cantar o maio nos locais de Vilavidal. 

Tanto o sábado como o domingo, unha representación de Rebulir participará nas celebracións do Santo Cristo en Laza co levantamento do Maio e a saída de Eva.

Te puede interesar