Orquestras espectaculares para as festas de Mundil, en Cartelle

Dous integrantes da orquestra Finisterre, que actuará en Santa María de Mundil.
photo_camera Dous integrantes da orquestra Finisterre, que actuará en Santa María de Mundil.
Catro días de festas nos que a xente de Mundil (Cartelle) poderá desfrutar de verbenas de gran reputación e máis actividades

As festas de Mundil, celebraranse na parroquia de Cartelle os días 20, 21, 22 e 23 de agosto. Santa María do Mundil é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. 

A finais do século XX experimentou un envellecemento demográfico e un profundo cambio nas actividades socioeconómicas. Ademáis do sector primario (gandaría e agricultura), hai industria forestal.

As festas parroquiais celébranse a finais de agosto en Outomuro.

Domingo 20

Ás 21,00 horas, no Toxal, haberá unha cea popular.

Luns 21

Ás 11,30 horas, terá lugar a festa da espuma. Ás 12,30 horas, pasarrúas a cargo do grupo Tradison. A tarde, ás 19,00 horas, novena, misa e procesión a cargo da Virxe do Mundil acompañada polo grupo Tradison. Non faltarán os pasabares a cargo da mesma agrupación. Ás 22,30 horas, orquestra espectáculo Finisterre.

Martes 22

Pasarúas ás 10,00 horas, coa charangas Os Centellas. Ás 12,30 horas, misa solemne acompañada da mesma charanga. Ás 18,00 horas, actuación da charanga Los Támega. Para rematar o día, ás 22,30 horas, festa e verbena con Los Player´s e América SL.

Mércores 23

O último día da festa, terá lugar o partido de fútbol de solteiros contra casados, a continuación mulleres contra homes. Ás 23,00 horas, verbena coa espectacular orquestra Furia Joven.

Luis Calvo, da comisión de festas de Mundil, espera que a xente poida desfrutar duns días de festa na vila. “Espero que se presente moitas persoas, a xente colaborou moito. Esperemos que faga bo tempo e que a xente poida desfrutar dunhas festas boas. É una festa popular para o pobo”, detalla Luis Calvo, da comisión de festas.

“Somos sete persoas na comisión de festas e cada ano imos cambiando a xente que organiza a festa. Este ano tocounos a nós. A mín xa me tocou organizala algún ano”, comenta Luis Calvo. 

A festa faise no Campo da Festa (antigamente chamado Campo da Feira) ao lado do polideportivo”, conclúe Luis Calvo.

Te puede interesar