A Asociación de Actores de Galicia dará a coñecer o xoves os finalistas dos Premios de Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) celebrará este xoves, día 1 de marzo, a Festa dos Nomeados, na que dará a coñecer os finalistas en cada unha das categorías dos Premios de Teatro María Casares, que se entregarán en A Coruña o 3 de abril.
Á XVI edición dos Premios María Casares optan un total de 261 profesionais de 28 compañías e 30 espectáculos diferentes, que poderán ser finalistas en algunha das 13 categorías dos galardóns, maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección e espectáculo.

A estes é necesario sumar o Premio de Honra María Soto, que recoñece a traxectoria ou especial labor na promoción do teatro. Os Premios María Casares recoñecen o traballo dos profesionais e das distintas producións realizadas en lingua galega estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011.

Te puede interesar