POPULARES

'Correndo X Ourense' ábrese no barrio do Vinteún

OURENSE. 26.04.2015. CIRCUITO CORRENDO POR OURENSE, PROBA DO XXI. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Un grupo de atletas, durante a proba do Vinteún o ano pasado. (MIGUEL ÁNGEL)

Este domingo celebráse unha proba que arrancará ás 12,00 horas

O Correndo x Ourense celebra a primeira das seis probas das que consta o circuíto este domingo, 24 de abril, polas rúas do barrio do Vinteún. A primeira das categorías en participar será a dos máis pequenos, oficialmente pitufos, que tomarán a saída ás 12:00 horas, dez minutos máis tarde farano as categorías alevín e benxamín, ás 12:15 horas infantís e cadetes e, ás 12:30 horas, o resto das categorías. Os vestiarios para a proba estarán instalados no colexio Divino Maestro.

correnA proba deportiva obrigará a facer unha serie de modificacións no tráfico nas rúas afectadas, concretamente na Avenida de Santiago en dirección centro, no tramo comprendido entre as rúas Río Limia e Río Arnoia. O tráfico sentido centro desviarase pola rúa Río Limia cara a Alejandro Pedrosa e, de novo cara á Avenida de Santiago pola Rúa Río Arnoia. O corte farase efectivo ás 10:00 horas, e non se restablecerá a normalidade até as 14:00 horas.

Te puede interesar