XOGADORES DO CELTA

Santi Mina, Rubén Blanco e Costas, convocados pola selección española sub19

Santi Mina, Rubén Blanco e David Costas, futbolistas do Celta de Vigo, foron convocados hoxe polo seleccionador español da sub19 para o encontro que o equipo nacional xogará contra Países Baixos o vindeiro 5 de marzo na localidade holandesa de Katwijk.


Un partido que servirá de preparación para a Ronda Élite, torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría, que se celebrará en Vigo a partir do próximo 31 de maio.

Os tres xogadores da canteira deron esta tempada o salto ao primeiro equipo do Celta, sendo o dianteiro Santi Mina o futbolista ao que máis minutos lle deu o técnico asturiano Luis Enrique.

De feito, o porteiro Rubén Blanco non debutou en Liga e o central David Costas volveu esta pasada fin de semana a xogar co filial, que milita en Segunda División B, despois de ser titular en varios partidos da primeira volta da liga BBVA.

Te puede interesar