Ábrese o prazo para as axudas á compra de electrodomésticos

O Plan Renove de electrodomésticos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) abre este luns o prazo para solicitar as axudas para a substitución de equipos antigos por outros de etiquetaxe enerxética de clase A ou superior. Todos os interesados poderán solicitar a axuda nalgún dos máis de 800 establecementos que se adheriron ao plan, a lista da cal se atopa dispoñible na páxina web do Inega.
Os beneficiarios -persoas físicas ou xurídicas residentes en Galicia- poderán obter unha subvención máxima de 125 euros no caso dos frigoríficos e frigoríficos-conxeladores, con clasificación enerxética A++ ou superior, e un mínimo de 50 euros para as placas de gas.

Te puede interesar