Alfonso Rueda: 'A Xunta pouco máis pode facer na venta de NCG'

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou onte que o Goberno galego 'pouco máis' pode facer que 'continuar ata o último momento transmitindo' o seu 'desexo e obxectivo' de que os órganos de decisión de Novagalicia Banco permanezan en Galicia tras a súa venda. Deste xeito pronunciouse o tamén secretario xeral do PPdeG sobre as informacións que apuntan a que o Goberno estatal opta por un banco español para a venda, en lugar de polos fondos de investimento interesados.
Segundo explicou Alfonso Rueda, 'canto máis se achegan os prazos, máis 'informacións' sobre o proceso de venda da entidade financeira saen á luz, algunhas 'con datos mesmos contraditorios'. Por iso, insistiu en que a Xunta 'mantén' o seu 'interese e desexo' de que, 'sexa quen sexa o resulte gañador', que 'flúa o crédito' a familias e empresas galegas e que 'os órganos de decisión sigan' en Galicia. 'Iso é fundamental, a partir de aí, pouco máis podemos facer que continuar ata o último momento transmitindo estes desexos e este obxectivo do Goberno a Xunta', manifestou o vicepresidente do Executivo autonómico.

Te puede interesar