Comarca

Portas Abertas visita na comarca de Monterrei os colexios rurais

Dende o CDR Portas Abertas explican que estes programas queren sensibilizar na loita contra o racismo e promover a multiculturalidade,

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas traballa xa no programa "Galicia Acolledora", para sensibilizar aos rapaces en varios temas. O equipo técnico  deseñou obradoiros para traballar cos nenos e nenas nos colexios rurais de toda a comarca de Monterrei. Dende o CDR Portas Abertas explican que estes programas queren sensibilizar na loita contra o racismo e promover a multiculturalidade, polo que traballarán cos alumnos dos colexios de Monterrei, Vilardevós ou Oímbra, a través da participación nun concurso con xogos cooperativos.

Estas actividades realizaranse por equipos e logo "toda a clase xunta para resolver un misterio moi enriquecedor", sinalan dende o Centro de Desenvolvemento. A idea é "traballar a empatía, a cooperación e gáñar coñecementos  que nos axudan a comprender as cousasn que temos en común, nun mundo no que dodos temos dereitos", clonclúen dende Portas Abertas. 

Te puede interesar