O Entroido de Xinzo finaliza, despois dun mes cheo de festa, coa tradición recuperada iste ano do Domingo de Piñata, unha xornada na que os máis pequenos pechan ao grande o Entroido deste ano con piñatas cheas de doces e xogos tradicionais.
Para rematar a festa, unha actuación da orquestra Solara en O Toural e a entrega dos premios do Gran Desfile de Entroido.
No Desfile do Entroido participan un total de 30 grupos. No referente ó concurso de disfraces e carrozas, segundo o Concello, o veredicto do xurado foi moi difícil, debido a altísima calidade das propostas presentadas a este certame.
Para as carrozas con estructura, o primer premio, de 900 euros, foi para “Os de sempre” e o segundo premio, de 500 euros, foi para “Circo danzón”.
Para as comparsas de oito ou máis integrantes, o primer premio, de 800 euros, foi para “Vagalumes”, e o segundo premio, de 400 euros, para “Guerreiras do mar”.
Nos individuais ou grupos de menos de 8 integrantes, o primer premio, de 200 euros, foi para “Hermanos Sabala”, e o segundo premio, con 100 euros, foi para “A tómico”.
A partir do luns, os gañadores do concurso de disfraces e carrozas poderán presentar a documentación no Concello para recibir o importe correspondente.