Entroido 2023: Repenicaron as aixadas e soaron bombos na serra de Chandrexa de Queixa

Ó remate do desfile de Entroido polas rúas, disfrutouse dunha comida con empanada, chourizo e bica

Chandexa de Queixa festexou o seu día grande de Entroido na mañá do sábado co desfile de folións, no que participaron dez grupos.

O folión de Chandrexa de Queixa foi o encargado de abrir esta mostra entroideira, seguido da Lardeira de Trives, Os Labregos de Trives, Viticultores de Vilamartin, Folión de Petín, as Maceiras, Arrieiros de Petín, Irrios de Castro Caldelas, Folión A Veiga e A Caniceira de Trives.

Desde primeira hora, a vila de Celeiros íase enchendo de vida e xente portando bombos e aixadas, ademáis de veciños e visitantes que non se quixeron perder esta cita. Pasaban das 12 da mañá cando o desfile comezaba, prolongándose durante casi tres horas. Cada un dos grupos pasaba por diante da residencia da terceira idade levándolle o Entroido aos máis maiores.

O fin do desfile era no patio do colexio e a continuación todos disfrutaron xuntos, no pavillón do concello, dun menú a base de empanada, chourizo e bica. Pola tarde, o dúo Eclipse continúa a festa. 

Te puede interesar