Xa se coñecen os gañadores do concurso de mecos de Maceda

“Imos de Troula Antonio e Mercedes casan no Centro de Día”.
photo_camera “Imos de Troula Antonio e Mercedes casan no Centro de Día”.
Os premios non son acumulativos, polo que a categoría de meco máis enxebre foi para  “a vida é un teatro”

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda fixeron público o resultado da votación para o “III Concurso de Mecos de Entroido Maceda 2024”. Según os datos recollidos pola asociación, votaron un total de 202 persoas.

O meco que tivo máis puntuación nas dúas categorías de máis enxebre e máis trouleiro foi “Imos de Troula Antonio e Mercedes casan no Centro de Día”, feitos polos usuarios do Centro de Día de Maceda. Dado que os premios non son acumulativos, a organización decidiu darlle o premio na categoría que obtivo máis puntuación o meco máis trouleiro, e darlle o premio na categoría de máis enxebre ó seguinte meco que obtivo maior puntuación, que foi “A vida é un teatro”, feitos polo grupo de teatro de Maceda.

Dende a asociación comunican que “queremos dar as gracias a tódolos que participastes tanto no concurso dos Mecos, como a aquelas persoas que decidiron facer os mecos e tomaron a decisión de non participar no concurso, entre todos aportamos o noso gran de area a este Entroido”. Tamén dende a asociación quixeron “felicitar ós gañadores e agradecer as colaboracións de Supermercado Eroski, Carnicería Hilario e Embutidos Rualdi por doarnos desinteresadamente algúns dos seus produtos para os premios”.

Te puede interesar