O restaurante Erva celebra unha “cea clandestina” maridada con café

Gerson Iglesias, xefe de cociña do restaurante Erva.
photo_camera Gerson Iglesias, xefe de cociña do restaurante Erva.

A principal novidade é que dende os aperitivos ás sobremesas levarán unha bebida elaborada con esta materia prima.

O vindeiro xoves, 7 de abril, vivirá unha xornada moi especial  xa que o restaurante Eva, do hotel OCA Vila de Allariz, celebrará unha “cea clandestina” a partires das 21,00 horas.

A principal novidade deste evento no hotel OCA Vila de Allariz é que a cea clandestina do restaurante Erva maridarase con café. Dende os aperitivos ás sobremesas levarán unha bebida elaborada con café. 

A directora do hotel, Ana Lago, insiste en que as súas “ceas clandestinas” “son unha exaltación do bo facer dos equipos de cociña e dos grandes profesionais que hai detrás, non só en Allariz, senón nos restaurantes das persoas convidadas, a maiores dos nosos provedores e demais artífices de cada evento gastronómico que se celebra nos hoteis da cadea”.

Aos fogóns desta cea clandestina estarán: Begoña Vázquez, propietaria de O Regueiro da Cova, en Verín, e membro da Asociación Cociña Ourense; Pablo Vila, director de Alimentos e Bebidas de OCA Hotels e membro de Cociñeiros Lugo, e por suposto dende a cociña do restaurante Erva, do OCA Vila de Allariz, Diogo Custodio e Gerson Iglesias. 

O prezo do prato é de 60 euros e requírese reserva previa. Desde a dirección de hotel sinalan que pode haber algunha sorpresa moi especial.

Ós mandos dos fogóns do restaurante Erva está Gerson Iglesias que afirma que “algúns din que o café non lles deixa durmir, pero os nosos amigos de Cafés Candelas faránnos soñar cos seus cafés. Dende un cóctel con vermú, xenebra e café, ata café con xeado ou xeado con café. Pero ademais haberá como entrantes un bao pibil vexetal, trufa de cogomelos, un yin & yang de Diogo (composto de allo branco e allo negro), outro prato elaborado con cogomelos recollidos por Begoña. Porque, como sempre, eliximos cada elemento das nosas ceas clandestinas e eventos en función da súa proximidade, pola súa calidade e preparamos os produtos tendo en conta as tempadas”.

Desde OCA Vila de Allariz destacan que o restaurante e os salóns do hotel son espacios abertos a todos os veciños co obxeto de que sexan puntos de encontro non so para os hóspedes e para os visitantes senón tamén para os veciños de Allariz. De feito, as cenas clandestinas coma a que se organiza o vindeiro xoves pretende ser tamén unha reunión social, en torno a unha mesa, onde a proposta gastronómica faga de hilo conductor nun encontro entre amigos, conocidos e familia.

Proposta culinaria

A proposta culinaria do hotel OCA Vila de Allariz está basado no mellor produto tanto da localidade como da provincia. A directora do OCA Vila de Allariz, Ana Lago, recorda que na sua carta, presentada o pasado mes de febreiro, “contamos cos mellores produtos da nosa provincia e imos da man dos seus produtores. Este proxecto abónase coas ganas e ilusión do noso equipo humano, que é o mellor substrato que pode ter”. Pola súa banda, o sefe de cociña, Gerson Iglesias resume que “a savia que circula por Erva está composta de sustentabilidad e respecto por toda a xente que está detrás do restaurante. Está composta polas nosas raíces, unhas raíces que profundan nesta terra, tentando colaborar na súa economía e ecoloxía. Estamos seguros de que ides saborear o mellor da nosa terra, na que cremos e que queremos coidar, para conseguir cada día un mundo mellor. É no que traballamos”. Ademais, detalla que queren que Erva “sexa un espazo para todos. Por iso temos opcións diversas, especializandonos en cociña vexetal. Nesta nova etapa ofreceremos tamén un menú degustación, a maiores da nosa carta, onde poremos especial atención aos produtos das nosas hortas próximas, produtos quilómetro cero”.

Cociña sustentable, carta vexetal, menú degustación e producto local.

Con grandes ventás con vistas ao río Arnoia e unha ampla terraza con xardín, o restaurante  Erva ofreceré un menú degustación, a maiores da súa carta. A súa cociña pon especial atención aos produtos das súas hortas próximas e tamén están especializados en cociña vexetal. O zume que circula por  Erva está composta de sustentabilidade e respecto pola terra, polos produtores e os provedores locais.

A capacidade do restaurante  Erva para a celebración de vodas,  bautizos, comuñóns ou calquera tipo de celebración é de máximo 50 comensais. Con todo, no salón de eventos situado nun edificio independente dentro do recinto do mesmo hotel, contan con espazo para ata 250 persoas en banquete e 400 en cóctel. Un espazo diáfano de 590  metros con luz natural e grandes ventás deseñado en pedra e madeira ideal para a celebración de calquera tipo de evento familiar ou corporativo.

Te puede interesar