Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Pontevedra detiveron un veciño da cidade sobre o que pesaba unha orde de arresto dun xulgado de Palma de Mallorca motivada por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Segundo informou a Comisaría pontevedresa, o arresto produciuse na mañá deste venres cando axentes de policía procederon á identificación dun individuo de 39 anos, veciño de Pontevedra, de nacionalidade española, con antecedentes policiais.
Os policías comprobaron, a través dos arquivos informáticos da Dirección Xeral da Policía e a Garda Civil, que ao individuo lle constaba unha orde de detención e personación decretada por un xulgado de Instrución de Palma de Mallorca motivada por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Ademais, ao individuo constábanlle dúas indagacións de domicilio e paradoiro, unha por un xulgado de Albacete e le outro por un de Vigo. Unha vez confeccionado o atestado policial, foi posto a disposición do xulgado requirente na mañá deste venres.