A información das caixas negras do tren sinistrado será extraida este martes para ser analizada

A extracción da información das caixas negras do tren que descarrilou o mércores pasado en Santiago de Compostela levarase a cabo este martes baixo a supervisión técnica dun perito especialista.
Segundo informaron fontes da investigación, na apertura das caixas negras, que permanecen baixo custodia policial, estará presente o director de Seguridade de Circulación de Renfe, así como unha comisión xudicial que dará fe diso.

O procedemento consiste en introducir un dispositivo, tipo USB, para envorcar a información das caixas. Posteriormente, será analizada pola Policía Xudicial, que remitirá un informe ao xuíz instrutor, o titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago, Luis Aláez.

O domingo foi posto a disposición xudicial o maquinista do tren accidentado na capital galega, Francisco José G.A., quen quedou en liberdade imputado por 79 delitos de homicidio, tantos como vítimas mortais provocou ata agora o sinistro, e unha pluralidade de delitos de lesións, todos eles cometidos por imprudencia profesional.

O maquinista asumiu ante o titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago que cometeu un fallo humano ao entrar a 190 quilómetros por hora nunha curva limitada 80.

Ademais, o xuíz acordou a súa liberdade provisional sen fianza, pero o maquinista terá que comparecer semanalmente no xulgado que se designe. Tamén se lle prohibiu saír do territorio nacional sen autorización xudicial durante seis meses e intervéuselle de forma preventiva a licenza profesional para a condución de ferrocarrís por igual prazo.

Te puede interesar