ENTREVISTA

Manuel F. Rodríguez: "O camiño pode dar máis de si, pero hai que diferencialo ben do turismo"

manuelrodriguez3
photo_camera Manuel F. Rodríguez, durante a presentación do seu libro.

O xornalista e estudoso do fenómeno xacobeo Manuel F. Rodríguez acaba de publicar a súa primeira novela. 'A viaxe á fin do mundo'

O xornalista e estudoso do fenómeno xacobeo Manuel F. Rodríguez acaba de publicar a súa primeira novela. 'A viaxe á fin do mundo' (Bolanda Ediciones y Marketing) mergulla ao lector nun estrano roubo na catedral de Santiago en 1906 que foi máis importante có do Códice Calixtino e intentouse agochar na época.

Din que vostede é o mellor divulgador que hai no mundo do fenómeno xacobeo.

E quen o di? Eu considérome un divulgador emocional do xacobeo. Creo que é un elemento decisivo para Galicia. É a nosa mellor op- ción para difundirnos no mundo, como está pasando. O mellor divulgador non, hainos moi bos e afortunadamente non só aquí.

Díxome Vázquez Portomeñe que a promoción do xacobeo naceu nunha servilleta dunha tasca de Santiago. É lenda ou algo hai?

Hai moito diso. Eu aínda non estaba daquela no Xacobeo, pero sí Luis Celeiro, que foi quen me chamou a min, e si lle teño oído que foi así. Tamén mo dixo Portomeñe e non teño porque negalo.

Tamén dicía Churchill que o xornalisto pode levarte moi lonxe, sobre todo se o deixas a tempo. Fíxolle caso?

Eu teño moita nostalxia do xornalismo. De feito, o protagonista da novela é un xornalista e hai outros que aparecen en 2006 cando se pecha o círculo que se abre en 1906. Sempre digo que se volvese a nacer volvería a ser xornalista e, no caso de que tivera intelixencia, nalgunha desas vidas sería astronauta.

Que acabase de novelista estaba cantado ou foi como o da servilleta de Portomeñe e o Xacobeo?

Xa que falamos de xornalismo, foi un xeito de seguir vinculado sen exercer. Eu traballo no Xacobeo e estou moi contento, aínda que a veces a Administración é un pouco monótona, pero procuro compensalo cunha enorme vocación. O xornalismo en min sempre está presente e a novela é unha maneira de compensalo.

‘A viaxe á fin do mundo' fala do roubo en 1906 na catedral de Santiago da cruz de Afonso III, máis importante que o do Códice Calixtino. Por que case non se coñecía?

Porque foi en 1906, porque naquel momento xa se lle quitou valor á cruz cando era unha pequena xoia do patrimonio europeo, un verdadeiro símbolo do século IX. Tiña un gran valor porque foi unha cruz adorada durante séculos polos peregrinos. Eu na novela fago as miñas propostas, pero se vas ao feito histórico, non se sabe moi ben por que, pero era unha cruz dunha intensidade emocional enorme. Cando a roubaron en 1906 estaba case sin pedras preciosas e díxose que de onde a roubaron, a capela das Reliquias, levaron máis cousas. Logo demostrouse que só levaron esta cruz. ¿Por qué se había elementos de moito máis valor eco- nómico? Eu utilizo estes elementos para construír a novela.

Díxolle algo o arcebispado polo libro ou hai interese por agochar o feito ?

Para nada. Sei que se está lendo, aínda que non vou dicir quen. Xa dixen na presentación que a novela é un canto de amor á catedral de Santiago, como unha das xoias do patrimonio mundial e do patrimonio emocional da humanidade. 

Hai que ver como chegaban os peregrinos despois de meses de sufri- mento, as veces deixando compa- ñeiros no camiño, a esta meta do fin do mundo. A Santiago non hai que desvinculalo do fin do mundo, aínda que non sexa o xeográfico, pero a impresión coa que viñan os peregrinos era a de ver ao apóstolo dofindomundoetenquevercó título da novela. Creo que a cate- dral queda incluso de marabilla, porque ten que quedar moi ben. Outra cousa é quen pulula nestes edificios máxicos.

A novela tamén é unha viaxe marabillosa no tempo por Santiago, Fisterra e a Vilagarcía de principios do século XX. Pesa máis a documentación ou a ficción?

A novela é ficción. Se pretendes facer outra cousa é que eres un estúpido, pero parte duns feitos reais como o roubo en 1906 que foi moi enigmático. Utilizo referencias reais da prensa para que quede claro cal foi a situación e a enlazo cun incendio en 1921 na mesma capela que roubaron a cruz. Tamén foi estraño e nunca aclarado. Do- us feitos non resoltos permítenme facer ficción, pero deixo moi claro nun blog moi bonito que fixeron os editores de Bolanda o que é a parte histórica. A novela constrúese sobre un tapete de cultura xacobea e para que ese tapete se entenda no blog inclúo una cronoloxía é unha relación de personaxes e feitos para que a todo mundo lle quede claro de onde parto. Incluso hai imaxes como unha da cruz. Hai un feito curiosísimo. Uns días antes de que a roubaran fixéronlle as únicas fotos que se coñecen. Logo houbo unha recreación que fixo o Xacobeo no 2004.

Que fixera o blog semella que non se pode afastar do oficio de xornalista.

Non o pensei, pero ten razón. Os xornalistas temos que contar a verdade ou o que vemos con sinceridade. Eu quería que todo o mundo tivese moi claro o que é a novela e a realidade. A quen lle interese o tema vai ter unha documentación moi fácil de ler.

Logo de varias décadas de promoción do Camiño de Santiago, cre que está ben explotado ou xa está sobreexplotado?

Creo que hai momentos e puntos de sobreexplotación, pero tamén creo que o Camiño pode dar moito máis de si indo ao seu fondo, á súa dimensión europea, á parte espiritual tan intensa que ten. O Camiño pode dar moito máis de si, tanto para Galicia como para os peregrinos como para os que viven del. O gran inimigo que eu vexo no Camiño no momento actual é que nos quedemos na superficie. Pode xerar máis riqueza se respec- tamos a esencia do Camiño. Hai que diferenciar ben Camiño e turismo. Aínda que teñen puntos de confluencia, nunca será o mesmo ,porque o día que sexa así o Camiño morrerá. A Xunta fixo un plan no que hai cousas interesantes e espero que os políticos o apliquen có criterio de máxima sensibilidade e coñecemento do que é o feito xacobeo. 

Te puede interesar