Medio Ambiente investirá 60 millóns na área de Pontevedra en 2011

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, informou hoxe de que o seu departamento investirá 60 millóns na área de Pontevedra, dos que 60% se destinará a obras.
O conselleiro visitou as obras de acondicionamento dos tramos situados entre Ponte Caldelas e Forzáns (PO-255) e Caritel e A Lama (PO-241), segundo informou o seu departamento nun comunicado.

O orzamento para estas obras é de nove millóns e inclúe a construción de dúas glorietas, a reposición de servizos públicos e a restauración paisaxística, entre outras actuacións.

Medio Ambiente sinala que do orzamento total do departamento, 9,86 millóns serán destinados a Augas de Galicia e outros 10 millóns investiranse en materia de vivenda e solo empresarial.

A Consellería tamén apunta que executará obras para a mellora de seguridade viaria na estrada Bertamiráns-Negreira, ao seu paso por Portanxil e Reino.

Hernández indica que solicitou colaboración ao rexedor de Ames, o socialista Carlos Fernández Castro, para conseguir a dispoñibilidade dos terreos necesarios para acometer as obras

Te puede interesar