SUCESO

Morre un home ao sufrir un accidente co seu tractor en Lugo

É o tercer falecido no territorio galego, tras as de Castro Verde e Palas de Reis. Os tres mortos son homes da provincia de Lugo.

Un home faleceu este sábado a caer por un terraplén e quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha zona de monte entre Serrasín e Penatomé, na parroquia de Codesido do municipio lucense de Vilalba.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, foi un veciño que pasaba pola zona quen observou o vehículo envorcado no fondo dun desnivel e chamou os servizos de emerxencias sobre as 10,00 horas.

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Vilalba que non puideron facer nada por salvar a vida do home, que podería falecer tempo antes de ser atopado, conforme sinalaron.

Ademais dos bombeiros acudiron ao lugar os servizos sanitarios de urxencia e as forzas da orde.

Te puede interesar