Quintana achaca a un proceso 'totalmente natural' a presenza de toxina amnésica en ameixa da ría de Ferrol

Foto: EFE/Lavandeira jr
A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, atribuíu a un proceso 'totalmente natural' a presenza de toxina amnésica na ría de Ferrol o que obrigou a unha paralización preventiva do produto que se atopa nas bateas para a depuración intensiva de ameixa.
A preguntas dos xornalistas, Quintana insistiu en que a súa presenza obedece 'un proceso totalmente natural' e recalcou tamén que, da mesma forma en que aparece, este tipo de toxina experimenta 'un proceso moi rápido' en relación á súa desaparición.

A conselleira de Medio Rural e do Mar realizou estas manifestacións antes de participar, xunto ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nunha reunión con representantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e membros das Confrarías de A Coruña e Ferrol.

Te puede interesar