As solicitudes da pílula do día despois multiplícase por sete en A Coruña, segundo o COF

As solicitudes da pílula do día despois multiplicouse por sete na cidade de A Coruña tras a súa liberalización nas farmacias, segundo o balance correspondente a 2010 do Centro de Orientación Familiar (COF).
A concelleira de Servizos Sociais do Concello de A Coruña, Silvia Longueira, e os responsables do centro, Xosé Anxo Vidal e Marián Ferreiro, presentaron os datos correspondentes a 2010, nos que destacaron que as interrupcións voluntarias do embarazo diminuíron con respecto ao ano pasado, malia a entrada en vigor da lei de prazos.

Así, o ano pasado houbo 617 casos, fronte aos 669 rexistrados en 2009. Pola contra, indicaron que se multiplicou por sete o número de solicitudes da pílula poscoital 'e a media galega está en oito, pero hai pobos pequenos nos que se chegou a multiplicar por 22', explicou Xosé Anxo Vidal, quen atribuíu este repunte ao anonimato que ofrece a farmacia ás usuarias.

SUPRESION DE TARDE XOVE

Por outra banda, os responsables do COF lamentaron a falta de información sobre o seu uso por parte da Xunta, mentres que a concelleira de Servizos Sociais criticou a supresión do servizo Tarde Xove, destinado á orientación e información e que o ano pasado atendeu 335 novos e adolescentes.

'Isto demostra que a Xunta, en temas de tanta importancia como a saúde sexual e en colectivos especialmente sensibles como os mozos, non aposta pola prevención senón por cadrar os números', sinalou Longueira.

Por outra parte, o Centro de Orientación Familiar de A Coruña, o único con participación municipal de Galicia, atendeu o ano pasado 14.699 consultas fronte ás 15.346 de 2009.

Te puede interesar