Os veciños de Albarellos (Monterrei) xa teñen marcado no calendario o seu terceiro encontro de Entroido. Será mañá, a partir das 19,00 horas. Con saída dende a praza da localidade, os entroideiros percorrerán as rúas de Albarellos coas súas chocas e acompañados dos bombos do “Trebón do Mildeu”. Tamén haberá pinchos nos bares do núcleo poblacional para repoñer forzas.
Buscar
03/feb./22 - 18:34
Compartir
Más en Monterrei