cultura

Ana Arias expón a súa obra artística na Acrópole

Una de las obras que se puede visitar en la exposición.
photo_camera Una de las obras que se puede visitar en la exposición.

A pintora ofrece en Monterrei unha composición de 15 cadros elaborados en diferentes estilos e técnicas 

Ana Arias, artista da comarca de Monterrei e gañadora do concurso para escoller o cartel oficial do Entroido de Verín coa súa proposta "O descanso dos Cigarróns", expoñerá a súa obra pictórica en Monterrei ata o vindeiro 21 de abril. Concretamente, a mostra estará composta de 15 cadros elaborados baixo distintas técnicas como o óleo que se poderán visitar no Hospital da Trinidade da Acrópole. 

Todas as persoas interesadas en coñecer a obra desta pintora local, terán que dirixirse á oficina de turismo do Castelo de Monterrei de mércores a domingo, en horario de 11,00 horas a 14,00 horas, pola mañá; e de 16,00 horas a 18,00 horas, pola tarde. Tamén se poderá facer nas visitas guiadas que se realizan á Acrópole de Monterrei. 

Tal e como explicou Roberto Blanco, responsable da oficina, a mostra é "moi variada" xa que, ademais de empregar distintas técnicas, a autora amosa outras composicións libres nas que se pode ver o barrio de Manhattan con publicidade de empresas locais de Verín e da súa comarca, e algunhas das decoracións que realiza para as máscaras do Entroido. 

A artista verinesa, que ven de recibir 600 euros como premio a súa creación para o cartel, asegurou que se presentará o vindeiro ano cunha nova proposta.

Te puede interesar