A banda do Conservatorio de Verín precisa máis instrumentos

banda conservatorio verin
photo_camera Algúns dos integrantes da banda do Conservatorio.
Este grupo musical colabora con entidades da comarca e xa ten varias datas concretadas para tocar

A banda do Conservatorio de Música Profesional de Verín continúa medrando. Curso tras curso a súa actividade musical é maior e por iso dende o centro e dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) están buscando financiamento para poder adquirir novos instrumentos e formar a máis cativos, interesados en formar parte da banda do Cmus verinés. 

Este crecemento débese ao traballo e esforzo dos seus integrantes: “Cada vez colaboran máis con entidades ou grupos que queren contar con eles para celebracións”, explican dende a Anpa do centro, orgullosos da traxectoria deste grupo musical. “Os nenos teñen tamén a sorte de poder aprender de músicos xa profesionais que están na banda”, engaden. 

Agora, a banda prepárase para o segundo festival de bandas que se celebrará en Lázaro, ten unha invitación para tocar en Rianxo e sairá á rúa o día das Letras Galegas, entre outras iniciativas. O obxectivo é continuar medrando e colaborando coa comarca, pero para iso “precisamos máis material”, conclúen dende o centro.

Te puede interesar