Verín acolle "112 desde Cero", un coloquio sobre as emerxencias: consulta onde e cando será

auditorio de verín (c.c.)
photo_camera La cita será en el Auditorio. (Foto: C.C.).
El Concello de Verín organiza el encuentro con el joven verinés Brais Quintairos,enfermero de Summa 112

O vindeiro sábado, 16 de outubro, o Auditorio Municipal de Verín acollerá, ás 18,00 horas, unha conferencia que, baixo o título “112 desde Cero”, busca achegar aos asistentes o mundo das emerxencias a través dun relatorio ameno e cercano, vivido en propia pel.

O encargado de amosar aos veciños a realidade das emerxencias sanitarias é o verinés Brais Quintairos, enfermeiro do Summa 112, o servizo de urxencias médicas da Comunidade de Madrid. 

O Concello de Verín organiza este encontro co fin de proporcionar ao público as ferramentas básicas para actuar en situacións de risco vital. “Nunha sociedade na que os primeiros auxilios seguen sen incluírse nos niveis de educación obrigatoria, consideramos pedagóxica esta conferncia”, apuntan dende a casa consistorial.

“Adoitamos pensar que este tipo de eventos acontecen nun hospital, rodeados de sanitarios e cos medios necesarios, pero case nunca é así”, sinalan. En calquera momento e en calquera lugar -domicilios, bares, tendas…- se pode poñer en xogo a vida dunha persoa. Por este motivo, o grupo de goberno quere achegar aos interesados os coñecementos e a realidade que viven os sanitarios de emerxencias, como é o caso do mozo verinés que impartirá o coloquio, quen ten claro que “pode estar nas mans de quen o desexe a solución a un problema”.

Te puede interesar