As comunidades de montes de Verín buscan melloras a través da Eurocámara

encontro comunidades de montes
photo_camera Ana Miranda reuniuse cos presidentes das comunidades de montes.
Ana Miranda, eurodeputada do BNG, visitou a vila do Támega

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou Verín para reunirse con diferentes colectivos e tratar temas de actualidade. A cita, organizada por Diego Lourenzo, tenente alcalde do Concello, comezou cun encontro cos alumnos do IES Xesús Taboada Chivite -escola embaixadora do Parlamento Europeo- e continuou cunha reunión cos presidentes das comunidades de montes, aos que lles anunciou a presentación de diferentes iniciativas na defensa dos montes en man común.

Neste sentido, Miranda salientou que presentará “iniciativas para que as comunidades de montes sexan recoñecidas como tal nas institucións europeas, son unhas entidades características nosas que temos que protexer”. 

Ademais, tamén se puxeron sobre a mesa temas como as consecuencias dos incendios en Galicia e a necesidade de traballar na súa prevención durante todo o ano. 

Te puede interesar