RIÓS

A Reitoral da Chaira organiza un taller sobre teatro terapéutico

Los dueños de la Reitoral de A Chaira, un lugar de saber y cultura.
photo_camera Los dueños de la Reitoral de A Chaira, un lugar de saber y cultura.
A Reitoral da Chaira de Riós é un espazo multidisciplinar de referencia para a contorna e comarcas limítrofes

Organiza un taller de iniciación ao teatro terapéutico o próximo 25 de maio en dúas sesións: ás 11,00 ou ás 19,00 horas.

O obradoiro estará impartido por TactoConTacto, un espazo seguro e servizo de tratamento de adiccións, xestión do estrés e ansiedade e desenvolvemento persoal da cidade de Ourense, e Kotodama, a escola de teatro de Verín dirixida por Santi Cañaveral.

Co subtítulo “malabareando as emocións”, este curso de iniciación aspira a empregar o teatro como unha ferramente para xestionar os nosos sentimentos no sentido máis amplo.

Todos os interesados en participar neste taller poden obter máis información e reservar a súa praza, posto que son limitadas, nos seguintes teléfonos: 667 466 073 e 678 072 741.

Te puede interesar