A escola de teatro de Verín acolle un taller de clown

v4
photo_camera Unha das actuacións do experto arxentino.
O obradoiro celebrarase do 1 ao 4 de maio e impartirao o artista escénico arxentino Marcelo Katz

A Escola de Teatro Kotodama de Verín vén de anunciar que o aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá un taller de clown do 1 ao 4 de maio na vila do Támega. Unha formación gratuíta que se realizará na escola Kotodama, cun espectáculo final que percorrerá as rúas da cidade para que os veciños e visitantes da vila vexan os resultados deste obradoiro. 

Marcelo Katz é un experto en clown, oratoria, bufón, máscaras, teatro e coaching, ademais de director da prestixiosa Escola de Clown Espacio Aguirre en Buenos Aires, onde estivo impartindo clases durante máis de 30 anos. Ademais, viaxou por todo o mundo como docente e artista, ensinando e actuando en numerosas cidades de Latinoamérica, Europa e Estados Unidos. 

Así, este experto arxentino impartirá o taller en horario de 17,00 a 21,00 horas nas datas marcadas. Os interesados en participar deberán anotarse a través da Escola de Teatro Kotodama chamando ao número de teléfono 600 23 43 18. Esta actividade está patrocinada polo ente municipal a través da Concellería de Educación, Cultura e Festexos.

"É un luxo"

Para o Concello de Verín “é toda unha honra contar coa presenza dun artista da talla de Marcelo Katz no no noso municipio”, anotou Emila Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos. “Este taller gratuíto é unha gran oportunidade para que os cidadáns de Verín aprendan dun dos mestres do clown máis importantes do mundo”, engadiu a edil verinesa.

Pola súa banda, Santi Cañaveral, director da Escola de Teatro Kotodama de Verín, asegura que “Marcelo é un profesional que adestrou a artistas do Circo do Sol, que veña ata Verín é un auténtico luxo”. 

Te puede interesar