MUNICIPALES

Gerardo Seoane aspira a ser reelexido como alcalde de Verín

Gerardo Seoane, alcalde de Verín.
photo_camera Gerardo Seoane, alcalde de Verín.

O actual alcalde repetirá por segundos comicios consecutivos ca intención de revalidar o bastón de mando

O PSdeG PSOE de Ourense confirmou este sábado como candidato a alcalde de Verín ás eleccións municipais do próximo mes de maio a Gerardo Iglesias Seoane. O actual alcalde repetirá desta forma por segundos comicios consecutivos ca intención de revalidar o bastón de mando "para proseguir os avances nunha vila que ten xa un proxecto de cidade", segundo informou o partido nunha nota. 

Gerardo Seoane explica que se presenta as eleccións "cá intención de continuar o traballo que empezamos hai catro anos e que aínda non está completo. A veciñanza é consciente do noso proxecto e acéptano porque están vendo os grandes avances que lles supoñen a eles no seu día a día". Dixo Seoane que o goberno anterioe "vivía de privatizacións e empregaba o concello coma se fora un negocio, algo que ca nosa chegada cambiou a favor do traballo polos veciños e veciñas e converténdoos nun cidadán e non nun cliente como acontecía co PP".

Te puede interesar