CONCERTO

O grupo Odaiko abrirá en Verín o ciclo "Cultura no Camiño"

O grupo está integarado por catro percusionistas disciplinares de longa traxectoria e presentará o espectáculo "Invenciones"

 Odaiko Percusión Group abrirá o próximo domingo, día 2 de xullo, ás 20,00 horas, o primeiro concerto do ciclo "Cultura no Camiño".

A actuación terá lugar na Praza da Mercé de  Verín, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coa colaboración do Concello, e será totalmente de balde.

O grupo Odaiko está integarado por catro percusionistas disciplinares de longa traxectoria e presentará o espectáculo "Invenciones", no que fai un repaso aos grandes inventos da historia, nunha actuación que supón un equilibrio perfecto entre o tradicional e o moderno.

A seguinte actuación deste ciclo terá lugar o sábado 8 de xullo, ás 21,00 horas, cando o grupo galego Avento Producións Teatrais amenizará a velado coa posta en escea da obra "Hansel e Gretel, especialmente dirixida aos máis pequenos  da familia.

Te puede interesar