FESTA DO PEMENTO DE OÍMBRA

Máis de tres mil persoas achegáronse ata Oímbra na XIX Festa do Pemento

A calor non impediu que esta fose unha edición das máis numerosas, con mil kilos de produto degustados na mañá

Case vinte son os anos que leva unha das ineludibles citas gastronómicas e culinarias da provincia atraendo comensais capaces de soportar temperaturas extremas tanto dentro coma fóra do pavillón polideportivo. Onte, Oímbra voltou a bater marcas, de asistencia pero tamén de temperatura. A calor tan abafante que soportaron os que ata alí se achegaron non fixo máis que incrementar o número de degustacións de pementos e a consumición de bebidas, incapaces de enfriar completamente polas altas temperaturas. 

Case todos os Concellos da comarca estaban representados polos seus rexedores. Ata Gerardo Seoane, alcalde de Verín e único presente non 'popular', fixo acto de presenza para acompañar ao Conselleiro de Benestar, Rey Varela, que onte decidiu asistir ao convite de Villarino Pardo.

Tamén estivo a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira e ata a máxima autoridade eclesiástica na provincia, o bispo Monseñor Lemos Montanet. 

Segundo fontes municipais, as degustacións gratuítas repartidas ao longo da mañá de onte cáseque duplicaron ás da pasada edición. A rexedora local, Ana Villarino Pardom, cifra en máis de tres mil as personas que onte se achegaron ata Oímbra para dar conta do seu produto máis louvado: "Estou moi satisfeita da asistencia e agradezo tamén a presenza das autoridades que decidiron potenciar esta festa xa consolidada. Creo que estamos pondo a Oímbra no lugar que merecen os seus veciños".

Facianas coñecidas, coma a de Rubén Riós, tamén se deixaron ver e fotografar con todos aqueles que llelo pedían. 

Dous enormes ventiladores eran incapaces de reducir a temperatura no interior dun pavillón, que subía a medida que avanzaba o xantar e a bebida. A charanga Támega animou musicalmente a sobremesa e grande parte da tarde.n 

Te puede interesar