PROTESTA

Manifestación pola calidade da sanidade pública en Verín, o 18 de marzo

Ata a data da manifestación celebraranse diversos actos informativos, tanto para a preparación da marcha comarcal, como para a explicación dos obxectivos da mesma

No Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín, cunha nutrida participación de diversos sectores sociais da comarca, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Comarca de Monterrei acordou convocar unha manifestación para o día 18 de marzo de 2017, en defensa da sanidade pública na zona. 

Ata a data da manifestación celebraranse diversos actos informativos, tanto para a preparación da marcha comarcal, como para a explicación dos obxectivos da mesma.

Te puede interesar