Medio Rural cede dúas parcelas a Baltar e Monterrei

Baltar abordará a construcción dun novo cemiterio municipal e Monterrei un espazo multideportivo

O Concello de Baltar recibirá da Consellería de Medio Rural unha parcela cunha superficie de 1.543 metros cadrados na que abordará a creación dun novo cemiterio municipal que lindará co que xa existe na actualidade e que é de titularidade municipal. 

Pola súa banda, o municipio de Monterrei disfrutará dun terreo cedido pola administración autonómica no que terá a posibilidade de construir un espazo multideportivo para o ocio dos veciños da zona. 

Estas dúas cesións formalizaronse durante a pasada semana. O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, fixo efectiva a entrega das dúas parcelas aos alcaldes de Baltar, José Antonio Feijóo e de Monterrei, José Luis Suárez. Os dous terreos formaban parte do Banco de Terras e carecían de interese agrario, polo que a Consellería decidiu cedelos para futuros proxectos de proveito para os concellos. 

Os traspasos de propiedade enmárcanse dentro da política de Medio Rural de dar uso a terras abandonadas ou infrautilizadas, ao mesmo tempo que se alixeira a carga do Banco de Terras co obxectivo de profesionalizalo e facelo máis operativo.

 O fin último destas xestións é, segundo sinalan dende a Consellería de Medio Rural, favorecer a mobilidade de terras en todo o territorio da comunidade galega, un dos retos que marcados pola Consellería para a presente lexislatura. 

Te puede interesar