Mostra de fotos de Iolanda Rodríguez na Casa do Escudo

A Casa do Escudo de Verín acollerá ata o próximo 7 de decembro a exposición de 'A vida como un concepto. A pé de rúa', da fotógrafa Iolanda Rodríguez, e enmarcada dentro da última edición do Outono Fotográfico.
Natural de Pazos (Verín), Iolanda Rodríguez expón por primeira vez na vila do Támega as súas imaxes, presentando dúas coleccións de positivados: 'A pé de rúa' -onde se mostra como reporteira gráfica a través de retratos de xente na rúa- e 'A vida como un concepto' -conformada por fotografías conceptuais e abstractas, asentadas no movemento, luz e beleza-.

Unha trintena de fotografías que xa visitaron a Casa da Xuventude de Ourense así como, unha parte da mostra, o Museo Municipal da capital da provincia (a súa obra pódese ver na páxina web http://www.fotocommunity.es/fotografa/iolanda-rodriguez/1482441).

'A vida como un concepto. A pé de rúa' poderase visitar de luns a sábado de 17,00 a 20,30 horas (horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa no 988-411614).

Te puede interesar