Francisco Rivera di que os presupostos obvian Monterrei pese ó apoio ó solo empresarial

O PSdeG enmenda as contas da Xunta para a comarca

O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera considera que a Xunta non tivo en conta nos seus orzamentos á comarca de Monterrei, xa que 'para sete dos nove concellos que a forman non se orzamentou nin un só euro de investimento real no 2011', referíndose a Oímbra, Cualedro, Laza, Vilardevós, Castrelo do Val, Riós e a Mezquita.
Rivera sinalou que o goberno 'se ensaña' con esta comarca, obviándoa, esquecéndoa e ninguneándoa nos orzamentos, onde non hai ningunha partida para sectores básicos como o viño, a auga, termalismo, a castaña ou o sector forestal'. Engadindo que tampouco se atopa ningún plan específico para a recuperación das zonas afectadas polos lumes, tal e como viña reclamando o PSdeG.

'Non hai ningún plan específico para frear a caída do emprego nunha comarca onde hai máis de 3.000 parados, o que representa o 20,5% da poboación, cifra que está seis puntos por encima da media do resto de Galicia', apuntou.

Para o concello de Verín, o deputado socialista matizou que non se contemplan inversións nin para o novo auditorio, nin para o centro de día, nin tampouco para a residencia dos maiores.

En canto ao polígono de Tamagos dixo que a partida de 5 millóns de euros aparece na memoria de Xestur como unha previsión, polo que os socialistas presentarán unha enmenda para que se inclúa nos orzamentos.E referíndose a partida de 1,7 millóns de euros para a ampliación do polígono de Pazos argumentou que 'é absolutamente insuficiente', polo que o PSdeG 'esixirá os 7,1 millóns de euros comprometidos para este presente ano 2010 e que se contemplen nunha única partida'.

Por outro lado, o socialista criticou que a pesar de figurar 439.000 euros para cultura, 'non se especifica para qué se destinará e renúnciase ao plan de rehabilitación do castillo de Monterrei, que debería ser un elemento de dinamización económica'.

Con tal motivo, Carlos Francisco Rivera anunciou que o PSdeG fará unha enmenda á totalidade dos orzamentos e plantexará o desenvolvemento doutro tipo de políticas que poñan en valor os sectores produtivos básicos de Verín para crear emprego.

Rivera manifestou que os presupostos 'reducen as transferencias de capital da Xunta aos concellos nun 7,2% o que dificultará a prestación de servizos municipais básicos'.

Te puede interesar