FORMACIÓN

Os técnicos forestais fórmanse en novas tecnoloxías en Verín

Xornadas técnicas forestais en Verín
photo_camera Charla sobre o uso das TIC no sector da madeira.

Tratarase a súa aplicación á xestión dos aproveitamentos forestais e ás relacións coas administracións

Profesionais da industria forestal galega formaranse en Verín cun curso que abordará a aplicación das novas tecnoloxías á xestión dos aproveitamentos forestais e ás relacións coas admnistracións. 

O director da Axencia Galega da Industria Forestal -Xera-, Ignacio Lema, asistiu á inauguración destes ciclos formativos en Verín e salientou que, a través da Lei de implantación empresarial, a Xunta favoreceu a creación da "xanela única" e a eliminación, con carácter xeral, da autorización das cortas e a súa substitución por unha comunicación previa para reducir os plazos administrativos. A medida vén acompañada da posta en marcha dunha plataforma de comunicacións e autorizacións de aproveitamentos forestais que facilita a tramitación. En menos de catro meses esta plataforma recibiu 17.130 solicitudes, o que se traduce nuns 155 trámites diarios. 

A Consellería de Economía mobilizará preto de dous millóns de euros para xerar valor en 13 pequenas e medianas empresas da segunda transformación da madeira, carpintaría, fabricación de mobles e nas compañías do sector que utilicen productos forestais.

Te puede interesar