Terapia asistida con cabalos na Mancomunidade de Monterrei

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade organiza o proxecto

Un total de 25 persoas, 11 adultos e 14 menores, son os beneficiarios de “Respira II”, un proxecto de intervención, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Monterrei.

Dita iniciativa consiste en psicoterapia asistida con cabalos. Trátase dunha terapia onde se incorporan os cabalos para traballar o crecemento emocional e a aprendizaxe. Dende o centro sinalan que é unha intervención conxunta entre a psicóloga, o especialista equino, o usuario e o cabalo, abordando cuestións relativas á saúde mental, emocional e diferentes necesidades que van xurdindo no ser humano.

No desenrolo desta terapia asistida con cabalos, o CIM toca aspectos como son a xestión das emocións, tentar mellorar e fortalecer as relacións familiares, reafirmar a confianza nun mesmo e a autoestima, tomar conciencia da situación actual para chegar á situación desexada, ou traballar a comunicación.

Neste sentido, tamén traballa con problemas de comportamento, abuso de substancias, adiccións, trastornos alimentarios, de comportamento, depresivos, por déficit de atención ou de estrés postraumático, ademais de inseguridades laborais, ansiedade e medos.

Te puede interesar