ENTROIDO EN VERÍN

Verín xa conta as horas para o xoves máis tolo de todo o ano

12.02.15.VERIN.DESFILE ENTROIDO INFANTIL.
photo_camera El desfile infantil es una de las grandes citas anuales del Entroido verinense.

Os nenos pola mañá, co seu multitudinario desfile, e as mulleres pola noite serán os protagonistas

Verín xa ferve. Quedan pouco máis de 24 horas para que comece un dos días máis sinalados do calendario festivo da vila, o Xoves de Comadres. O pasado luns se despexou a segunda das incógnitas gardadas pola organización. Para ler o pregón, a O Carrabouxo, que adiantou xa no seu momento La Región, sámesa agora que tamén haberá unha fémina, na noite delas, Isabel Risco, que acompañará ao pais do mítico personaxe acompañando ao pai do mítico personaxe humorístico. 

Ben é certo que o xoves de comadres ten un clara referencia no maxinario colectivo ao que acontece logo da medianoite e despois de que as mulleres da vila -e as chegadas de fóra-, xa ben ceadas, se dirixan ata a praza para recibir á raíña, a Don Carnal, e aos pregoeiros. Aínda que tampouco ninguén pode negar a estas alturas o xa indiscutible protagonismo que acadaron e están incrementando os máis pequenos e o seu concurrido desfile infantil. 

Pola mañá, a partir das 11,45 horas, os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, Asociación tres reinos (Gardería A Mezquita), Kero-Kolo do Concello de Verín, Gardería Pinocho, CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas da Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei e o Colexio María Inmaculada percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. 

Do mesmo xeito que o ano pasado, o recorrido arrancará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá por  Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música das charangas Támega, Vakapinta, Nova Terra de Trives e A Chicoria.

E pola noite, mandan -coma sempre- as mulleres. As tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Támega, Nova Terra de Trives, Jalácticos, Vakapinta e Fuego, darán paso, dende as 00,30 horas, a procesión dende San Lázaro ata a praza para escoitar o pregón. 

Te puede interesar